Seminario |
Avalíase a memoria escrita sobre un tema relacionado coa materia elixido por cada grupo de alumnos. Valórase o contido, a inclusión de documentación complementaria, a presentación, gráficos, esquemas, fotografías, etc.
Os criterios de avaliación axustaranse aos contidos da rúbrica do TFG proposta polo centro (non ás porcentaxes). |
20 |
A3
|
B1 B2 B4
|
C12
|
D3 D4 D5
|
Presentación |
Avalíanse de xeito similar aos contidos da rúbrica do TFG que propón o centro:
A estrutura e a calidade da presentación.
Cómprese no tempo establecido.
O uso da linguaxe con rigor científico.
A actitude durante a presentación.
A calidade das respostas ás preguntas formuladas |
20 |
A3
|
B2 B4
|
C8 C12
|
D3 D4 D5
|
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Avalíase a memoria escrita das actividades realizadas nas prácticas de campo que deberá subirse a Moovi antes da data sinalada, valorándose o contido, a inclusión de gráficos, esquemas, etc. |
10 |
A3
|
B4
|
C7 C8 C12
|
D3 D4 D5
|
Lémbrase que a asistencia ás actividades presenciais é obrigatoria. Como norma xeral, a avaliación na primeira oportunidade será continua. Para superar a materia será necesario acadar unha puntuación de polo menos un 40% da avaliación individual dos seminarios, da exposición e do exame de cuestións de desenvolvemento. No caso de non acadar o devandito 40% nalgunha destas tres probas, a nota final será igual á media ponderada final, multiplicada por 0,5. MÉTODO DE AVALIACIÓN GLOBAL: Deberá ser solicitado por cada alumno na forma e prazo que indique o centro. Consistirá nun único exame teórico-práctico que suporá o 100% da avaliación. AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPORTUNIDADE: Consistirá nun único exame teórico-práctico que suporá o 100% da avaliación. O alumnado que curse esta materia está obrigado a ter un comportamento responsable e honesto (Ver Título VII da Normativa de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado). Datas das probas segundo o calendario oficial do centro: https://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios/ e https://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |