1) Os coñecementos, habilidades e destrezas
adquiridos nesta materia serán valorados sobre un total de 10 puntos. 2) Avaliación de alumnos que opten por
avaliación continua: - Na avaliación sobre o contido das leccións maxistrais,
deberá obterse en cada exame unha cualificación mínima de 4 para poder facer a
media, en caso contrario a materia considerarase suspensa. - Para superar a
materia debe obterse un mínimo de 5 puntos na cualificación final. A
cualificación final será o sumatorio das distintas actividades que deberán
estar superadas (contido das leccións maxistrais e prácticas de laboratorio)
para poder facer a media. Deberá obterse un mínimo de 4,5 sobre 10 nas
cualificacións globais correspondentes tanto ás leccións maxistrais como ás de
prácticas de laboratorio, en caso contrario a cualificación será a media obtida
de todas as actividades ata un máximo de 4,9. - A data do exame correspondente ao
segundo parcial terá lugar na data establecida para a proba final escrita. - Os alumnos que suspendan algún
dos parciais poderán recuperalos na data establecida para o exame de segunda
oportunidade. 3) Avaliación de alumnos que opten por
avaliación global: - Os alumnos que opten por unha avaliación global deberán
comunicalo ao profesor antes antes da data límite que
fixe o Decanato. - Para aprobar a materia deberán
realizar as prácticas de laboratorio nas mesmas condicións que os que optan por
unha avaliación continua. - Deberán presentarse aos seminarios e a súa
avaliación será nos mesmos termos que en caso de avaliación continua. - Deberán realizar un exame final
coincidente coa data do 2º parcial no que se examinarán dos contidos de ambos
os parciais. 4) Para que un estudante figure na acta como “Non
Presentado” será preciso que non realizase as prácticas de laboratorio ou que
non se presentou aos exames correspondentes ás leccións maxistrais e/o
prácticas de laboratorio. 5) No exame de segunda oportunidade (xullo), os
alumnos poderán recuperar a actividades suspensas correspondentes ás leccións
maxistrais e exame de prácticas, manténdose as mesmas condicións para superar
estas probas que na avaliación continua. Non serán novamente avaliadas na
convocatoria de segunda oportunidade os seminarios, os informes de prácticas de
laboratorio nin as habilidades e destrezas adquiridas en laboratorio,
manténdose nestes casos a cualificación obtida na avaliación continua. Estas
condicións serán esixibles tamén a aqueles alumnos que optasen pola avaliación
global. As datas da proba final escrita pódense consultar na seguinte ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |