Guia docente 2024_25
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Realizarase un exame escrito ao final das prácticas, sobre o fundamento e protocolos das prácticas realizadas, este exame poderá ser de varias modalidades: tipo test, preguntas curtas, exame de relacionar ou ben un exame que inclúa varias destas modalidades Para a cualificación global de prácticas teranse en conta as cualificacións obtidas no exame (80% da cualificación global de prácticas), informe de prácticas (15% da cualificación global de prácticas), así como a valoración das habilidades e destrezas adquiridas no laboratorio (5% da valoración global de prácticas). No exame e informe de prácticas avaliaranse o dominio do vocabulario, capacidade de expresión e síntese. A asistencia a todas as sesións de prácticas é obrigatoria para superar a materia, admitíndose un máximo de dúas ausencias debidamente xustificadas, condición que se manterá tanto na modalidade de avaliación global como no exame de segunda oportunidade (xullo). 25 A1
A2
A3
A4
B2
B3
B4
B5
B7
B10
B11
B12
C1
C3
C4
C6
C11
C14
C21
C22
C25
C28
C31
C32
D1
D2
D3
D7
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
Seminario No seminario de aprendizaxe colaborativa realizarase un exame teórico que poderá ser tipo test ou preguntas curtas sobre os contidos tratados. Avaliaranse o dominio do vocabulario, capacidade de expresión e síntese. Este exame supoñerá o 80% da cualificación global de seminarios. No seminario de taxonomía bacteriana valorarase a asistencia ao seminario que supoñerá un 20% da cualificación global de seminarios. Só en casos xustificados de ausencia aos seminarios, poderá realizarse alternativamente un traballo relacionado co seu contido Os alumnos que opten pola modalidade de avaliación global deberán realizar esta actividade nas mesmas condicións que na avaliación continua. No exame de segunda oportunidade (xullo) non se realizará recuperación de seminarios, e manterase a cualificación obtida na avaliación continua ou global. 5 A1
A2
A3
A4
B2
B3
B5
B7
B10
B11
B12
C1
C23
C28
C32
D1
D2
D3
D9
D10
D12
D13
D14
D17
Exame de preguntas obxectivas Na primeira proba parcial, avaliaranse os contidos de aproximadamente a metade do impartido nas leccións maxistrais que se corresponde coa primeira parte do programa. O exame poderá ser de varias modalidades: tipo test, preguntas curtas, exame de relacionar ou ben un exame que inclúa varias destas modalidades. Avaliarase tamén o dominio do vocabulario, capacidade de expresión e síntese. 35 A1
A2
A3
A4
B2
B3
B4
B5
B7
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C4
C6
C11
C12
C13
C14
C17
C19
C21
C22
C23
C24
C25
C28
C30
C31
C32
C33
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
Exame de preguntas obxectivas Na segunda proba parcial, avaliaranse os contidos de aproximadamente a metade do impartido nas leccións maxistrais que se corresponde coa segunda parte do programa. O exame poderá ser de varias modalidades: tipo test, preguntas curtas, exame de relacionar ou ben un exame que inclúa varias destas modalidades. Avaliarase tamén o dominio do vocabulario, capacidade de expresión e síntese. 35 A1
A2
A3
A4
B2
B3
B4
B5
B7
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C4
C6
C11
C12
C13
C14
C17
C19
C21
C22
C23
C24
C25
C28
C30
C31
C32
C33
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Os coñecementos, habilidades e destrezas
adquiridos nesta materia serán valorados sobre un total de 10 puntos.

2) Avaliación de alumnos que opten por
avaliación continua: 

- Na avaliación sobre o contido das leccións maxistrais,
deberá obterse en cada exame unha cualificación mínima de 4 para poder facer a
media, en caso contrario a materia considerarase suspensa. 

- Para superar a
materia debe obterse un mínimo de 5 puntos na cualificación final. A
cualificación final será o sumatorio das distintas actividades que deberán
estar superadas (contido das leccións maxistrais e prácticas de laboratorio)
para poder facer a media. Deberá obterse un mínimo de 4,5 sobre 10 nas
cualificacións globais correspondentes tanto ás leccións maxistrais como ás de
prácticas de laboratorio, en caso contrario a cualificación será a media obtida
de todas as actividades ata un máximo de 4,9.

- A data do exame correspondente ao
segundo parcial terá lugar na data establecida para a proba final escrita.

- Os alumnos que suspendan algún
dos parciais poderán recuperalos na data establecida para o exame de segunda
oportunidade.

3) Avaliación de alumnos que opten por
avaliación global: 

- Os alumnos que opten por unha avaliación global deberán
comunicalo ao profesor antes antes da data límite que
fixe o Decanato. 

- Para aprobar a materia deberán
realizar as prácticas de laboratorio nas mesmas condicións que os que optan por
unha avaliación continua. 

- Deberán presentarse aos seminarios e a súa
avaliación será nos mesmos termos que en caso de avaliación continua.

- Deberán realizar un exame final
coincidente coa data do 2º parcial no que se examinarán dos contidos de ambos
os parciais.

4) Para que un estudante figure na acta como “Non
Presentado” será preciso que non realizase as prácticas de laboratorio ou que
non se presentou aos exames correspondentes ás leccións maxistrais e/o
prácticas de laboratorio.

5) No exame de segunda oportunidade (xullo), os
alumnos poderán recuperar a actividades suspensas correspondentes ás leccións
maxistrais e exame de prácticas, manténdose as mesmas condicións para superar
estas probas que na avaliación continua. Non serán novamente avaliadas na
convocatoria de segunda oportunidade os seminarios, os informes de prácticas de
laboratorio nin as habilidades e destrezas adquiridas en laboratorio,
manténdose nestes casos a cualificación obtida na avaliación continua. Estas
condicións serán esixibles tamén a aqueles alumnos que optasen pola avaliación
global.

As datas da proba final escrita pódense consultar na seguinte ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000