Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Adquirir coñecementos xerais das materias básicas da bioloxía, tanto a nivel teórico como experimental, sen descartar unha maior especialización en materias que se orientan a un ámbito profesional concreto. |
B6 |
Capacidade de aplicar os coñecementos de tipo biolóxico adquiridos na titulación nun ámbito profesional, expoñendo e argumentando as ideas de xeito claro, fundamentándoas na formación básica e especializada adquirida. |
C6 |
Avaliar e interpretar actividades metabólicas |
C7 |
Manipular e analizar o material xenético e levar a cabo asesoramento xenético |
C8 |
Avaliar o funcionamento de sistemas fisiolóxicos interpretando parámetros vitais |
C14 |
Realizar análises, control e depuración das augas |
D1 |
Desenvolver a capacidade de análise e síntese |
D3 |
Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita |