Esta é unha materia que ofrece ao alumnado a posibilidade de traballar con tradución de textos especializados en economía e comercio. O traballo con este tipo de textos proporcionará a capacitación necesaria para continuar o desenvolvemento das competencias tradutoras, ao aprofundar na aplicación práctica dos coñecementos teóricos, terminolóxicos e de documentación adquiridos durante a formación previa