Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución especializada xurídico-administrativa Alemán-Galego-Alemán / Alemán-Español-Alemán
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Eventos científicos Prevese a asistencia a eventos formativos, segundo a programación das actividades da facultade.
Resolución de problemas Discutiranse e realizaranse exercicios de tradución entre as linguas deu-glg-deu e deu-esp-deu, así como exercicios de resolución de problemas ou dificultades de tradución nestes binomios. Esta parte terase en conta na avaliación.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado elaborará de maneira autónoma traducións de texto do ámbito xurídico e administrativo nas combinacións lingüísticas da materia. Será obrigatoria a entrega dunha destas traducións para a avaliación.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre os conhecementos previos do alumnado, así como a presentar a materia.
Estudo de casos O alumnado elaborará de maneira autónoma a revisión dunha ou máis traducións e exporá a súa análise. Esta actividade terase en conta na avaliación.
Aprendizaxe baseado en proxectos O alumnado participará nun proxecto de tradución dirixido pola docente no que se empregarán ferramentas de tradución asistida por computador. Este proxecto terase en conta na avaliación.
Lección maxistral A docente exporá na aula diferentes contidos da materia, en particular, aqueles relativos ao ordenamento xurídico alemán que resultan relevantes para a práctica profesional da tradución.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000