Código |
Descrición |
A2 |
CB7 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en novas contornas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co seu eido de estudo. |
B3 |
Dispor dun espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico ante fenómenos culturais que transvasan as fronteiras lingüísticas e culturais |
B4 |
Adquirir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da tradución especializada e da mediación cultural |
B5 |
Adquirir as habilidades de revisión e corrección de textos traducidos. |
B7 |
Comprender o proceso tradutolóxico como un fenómeno holístico e transversal |
C1 |
Capacidade para aplicar os principios prácticos da investigación empírica en T/I na súa dobre vertente experimental e observacional e para desenvolver o procesamiento da información na súa aplicación ao estudo de T/I. |
C2 |
Capacidade para deseñar traballos experimentais, observacionais e estudos de campo en T/I e para desenvolver na práctica eses principios mediante a elaboración, presentación e discusión de proxectos reais de investigación empírica en T/I. |
C6 |
Saber fomentar as boas prácticas de reciprocidade social en investigación, animando á persoa investigadora a alimentar o diálogo universidade-sociedade mediante a observación directa e o contacto necesarios coa sociedade na que vive. |
D1 |
Construír unha visión holística dos fenómenos de tradución, interpretación e paratraducción en relación con outras actividades e disciplinas científicas |
D2 |
Dominio das distintas ferramentas TIC de axuda á tradución, xestión de memorias, procesamento de textos, fluxo de traballo, programas específicos para distintas especialidades (subtitulaxe, localización, tradución técnica, edición, etc.) |
D5 |
Asimilar as achegas teóricas de interese mutuo entre os estudos tradutolóxicos e outras disciplinas relacionadas. |
D7 |
Poder avaliar o capital social, económico e simbólico dos distintos axentes que interveñen nos distintos procesos relacionados coa tradución /interpretación. |