Neste curso profundarase na tradución de textos administrativos e introducirase o alumnado á tradución de textos xurídicos. O alumnado aprenderá a preparar, comprender e traducir textos deste ámbito. Coñecerá as ferramentas e os medios necesarios para abordar este tipo de textos tanto dende o punto de vista linguístico coma de contido. Farase tamén fincapé na modalidade de tradución xurada.