En xeral, buscarase que o alumno adquira unha certa competencia á hora de preparar, comprender e traducir textos xurídicos e administrativos complexos; cómpre insistir en que será unha competencia limitada, dado que a competencia plena só se adquire cunha gran cantidade de horas de práctica e só nos eidos que se coñecen ben, mais o alumno contará cos medios necesarios para abordar textos deste eido con confianza. No plano teórico, buscarase reforzar os coñecementos sobre dereito internacional do alumnado, que se sustentarán sobre a base de coñecementos sobre dereito xeral e español recibida no grao. No plano práctico, buscarase que os alumnos traduzan textos de grande extensión e complexidade, así como que redacten estudos académicos relativos á materia.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.