AVALIACIÓN CONTINUA
A asistencia a todas as sesións presenciais é obrigatoria, aínda que excepcionalmente se poderá latar a unha das sesións. Buscaranse solucións para garantirlle a avaliación continua a aquel alumnado que, por razóns laborais ou outras causas xustificadas, non poida asistir ao conxunto das sesións. Se as condicións o permiten, unha das sesións consistirá nunha saída de campo dunhas catro horas de duración.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (segunda edición de actas) de XUÑO-XULLO de 2025 O alumnado de avaliación continua que non aprobe ao finalizar a convocatoria ordinaria de maio-xuño terá que presentarse á convocatoria de segunda edición de actas, en xuño-xullo de 2025. O
alumnado que non pase pola avaliación continua terá que presentarse directamente á convocatoria de segunda edición de actas, en xuño-xullo de 2025. O exame da convocatoria de xuño-xullo de 2025 consistirá en realizar unha tradución relacionada co espectro temático da materia, e un comentario sobre o tipo de decisións tomadas durante o proceso de tradución. O comentario seguirá as pautas especificadas de antemán polo docente. O 80 % da nota calcularase a partir dos resultados obtidos na tradución, e o 20 % calcularase a partir dos resultados obtidos no comentario da tradución. As linguas de traballo
admitidas para a tradución, o comentario e as demais actividades son o inglés, o francés, o español e o galego, sendo as linguas meta o galego e o español. |