Código |
Descrición |
A2 |
CB7 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en novas contornas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co seu eido de estudo. |
A3 |
CB8 - Que o estudantado sexa quen de integrar coñecementos e encarar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta o limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas ligadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
CB9 - Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüedades |
A5 |
CB10 - Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun xeito que en gran medida será autodirixido o autónomo. |
B1 |
Dominar as ferramentas tecnolóxicas e informáticas especializadas e coas metodoloxías de investigación máis relevantes que permitan planear e executar a investigación e interpretar os seus resultados para ampliar o coñecemento, así como para utilizalos nos contextos profesionais. |
B2 |
Dominar os elementos principais das disciplinas máis relevantes relacionadas coa tradución e interpretación, especialmente a historia, a antropoloxía, a filosofía, a sociología, a semiótica, a teoría da literatura, a política, a economía, os estudos culturais e os estudos de xénero. |
B3 |
Dispor dun espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico ante fenómenos culturais que transvasan as fronteiras lingüísticas e culturais |
B7 |
Comprender o proceso tradutolóxico como un fenómeno holístico e transversal |
B8 |
Ser quen de integrar os coñecementos adquiridos e ter capacidade para enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de contornas novas ou pouco coñecidos e cunha informacion que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B9 |
Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando, formándose e investigando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
C2 |
Capacidade para deseñar traballos experimentais, observacionais e estudos de campo en T/I e para desenvolver na práctica eses principios mediante a elaboración, presentación e discusión de proxectos reais de investigación empírica en T/I. |
C3 |
Capacidade para analizar, recoñecer e avaliar a transcendencia ideolóxica e sociocultural dunha política de tradución para unha cultura ou comunidade |
C4 |
Saber establecer un método de traballo de campo cuxas hipótese non estean condicionadas polo estado da cuestión clásico en tradutoloxía. |
C5 |
Recoñecer e categorizar como tradutoras moitas prácticas sociais e multimodais que, dependendo das normas establecidas, non son habitualmente recoñecidas como tales. Como consecuencia, promover a lexitimidade destas prácticas, tanto profesionais como ocasionais, e incrementar a dimensión teórica dos estudos de tradución e interpretación. |
D1 |
Construír unha visión holística dos fenómenos de tradución, interpretación e paratraducción en relación con outras actividades e disciplinas científicas |
D2 |
Dominio das distintas ferramentas TIC de axuda á tradución, xestión de memorias, procesamento de textos, fluxo de traballo, programas específicos para distintas especialidades (subtitulaxe, localización, tradución técnica, edición, etc.) |
D5 |
Asimilar as achegas teóricas de interese mutuo entre os estudos tradutolóxicos e outras disciplinas relacionadas. |
D7 |
Poder avaliar o capital social, económico e simbólico dos distintos axentes que interveñen nos distintos procesos relacionados coa tradución /interpretación. |
D9 |
Capacidade de aprendizaxe autónoma e continua dos contextos técnicos e teóricos relacionados co proxecto de investigación co cal se está colaborando. |