Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Aspectos profesionais da tradución e da interpretación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Participación no debate na clase. 20 A1
A3
A4
C6
D7
Obradoiro Realización de exercicios procedimentais supervisados pola docente. 40 A3
A5
B1
B3
B4
B8
B9
C6
Prácticas con apoio das TIC Realización de tarefas nas que o alumnado aplica os coñecementos adquiridos, a través das TIC. 40 A1
A2
A3
A5
B1
B8
B9
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Recoméndase a asistencia continuada ás sesións. O alumnado que por
motivos de traballo ou familiares non poida asistir ás sesións, debe
comunicarllo ás docentes para que estas tomen as medidas compensatorias
que faciliten a conciliación laboral ou familiar. 


É responsabilidade do alumnado consultar os materiais da materia a
través da plataforma Moovi, así como estar ao tanto das datas de entrega
das tarefas que conforman a avaliación, avisos etc.


O plaxio ou copia parcial ou total nunha tarefa suporá un cero nesa
tarefa. Alegar descoñecemento do que supón a copia ou o plaxio non
eximirá o alumnado da súa responsabilidade.


Amais da participación activa nas sesións, avaliaranse dúas tarefas
parecidas ás prácticas realizadas nas sesións presenciais, que se
entregarán por Moovi. Na avaliación terase en conta non só o cumprimento
dos requisitos de cada tarefa (especificados nos respectivos
baremos) senón tamén a corrección lingüística.


Primeira edición de actas:


Para ser avaliada/o na 1.ª edición de actas o alumnado deberá entregar
as dúas tarefas propostas. Entregaranse no prazo previsto. A data
concreta fixarase na sesión en que se explique cada tarefa e poderase
consultar en Moovi. Deben entregarse nas datas e na
forma solicitadas. Valoración: tarefa 1 (40%) e tarefa 2 (40%).


Segunda edición de actas:


O alumnado que non supere a materia na 1.ª edición de actas ou non se
presente nesa 1.ª convocatoria pode facelo na 2.ª edición de actas
(xuño/xullo): deberá entregar as dúas tarefas propostas. Entregaranse no
prazo previsto. A data concreta indicarase nas sesións da materia e poderase consultar en Moovi. Deben
entregarse na forma solicitada. Valoración: tarefa 1 (50%) e tarefa 2
(50%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000