Ausencia xustificada en primeira convocatoriaO alumnado que non puider asistir ás aulas presenciais por motivos xustificados (dispensa académica oficial, enfermidade etc.) poderá realizar un traballo sobre un tema acordado co profesor, quen o avaliará a partir dunha grade dispoñíbel na páxina web da materia. Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio. De producirse esta circunstancia, poderán activarse as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario. O alumnado con dispensa académica terá dereit á avaliación continua. Segunda convocatoriaO alumnado que non se presentar ou non superar a avaliación na primeira convocatoria poderá presentarse a unha segunda convocatoria. Para iso deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada no calendario do mestrado. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria. O sistema de avaliación en segunda convocatoria será aplicado na convocatoria de decembro. Alumnado con necesidades educativas especiais (NNEE)O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá ser obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, acordada entre o profesor e o alumnado implicado, buscará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NNEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia. Linguas de traballoAs linguas de traballo da materia serán o galego/portugués, o castelán e o inglés. En principio, o profesor presentará o contido da materia en galego/portugués, aínda que o pode facer en castelán se unha parte significativa do alumnado así o solicitar. O alunado pódese dirixir ao profesor en calquera unha das linguas de traballo ou en calquera outra lingua que o profesor puider compreender. Na sala de aula, será preferente o uso do galego/portugués e o castelán. Fica prohibida a utilización do tradutor automático en calquera actividade de aprendizaxe ou na comunicación co profesor. O uso repetido da tradución automática nun informe ou reseña poderá supor a suspensión da súa avaliación. |