Resolución de problemas |
Son propostas de actividades avaliables, como por exemplo exercicios vinculados ás explicacións do profesor e ás lecturas, comentarios, recensións bibliográficas, opinións fundamentadas sobre traballos que se expoñan na aula... |
Traballo tutelado |
O/a estudante, de maneira individual, elabora un ou varios pequenos traballos en cada unha das partes da materia ("Estratexias" e "Métodos") sobre os contidos do programa ou revisa criticamente lecturas, breves investigacións, memorias, ensaios, resumos, conferencias etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do estudantado que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... e a exposición dos resultados na aula perante o profesor e demais alumnado.
|