Prácticas con apoio das TIC |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvolveranse con equipamento especializado nunha aula informática. As actividades, prácticas e exercicios suman 25 horas: 5 horas presenciais e 20 non presenciais. |
Presentación |
Exposición ou presentación oral dos alumnos do seu proxecto persoal ou con ouro estudante dalgún dos temas ou prácticas que se traten no curso. Poden ser as lecturas semanais de textos previamente escollidos e dispostos para o profundamento e discusión académica dos temas do programa. As lecturas obrigatorias equivalen a 10 horas non presenciais. |