Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
C2 |
Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas. |
C3 |
Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. |
C6 |
Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada. |
D6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben
enfrontarse. |
D7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
D8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance
socioeconómico e cultural da sociedade
|