Código |
Descrición |
C2 |
Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas. |
C3 |
Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. |
C5 |
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |
C6 |
Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada. |
C7 |
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia,
asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística. |
C8 |
Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística
especializada. |
C9 |
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación
(identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar
datos, manexo de bases de datos, etc.) |
D1 |
Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
D2 |
Dominio da expresión e a comprensión oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
D3 |
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o
exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
|
D4 |
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar
a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
D5 |
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas
emprendedoras. |
D6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben
enfrontarse. |
D7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |