Durante a realización das actividades o alumnado debe reflexionar sobre o seu proceso de aprendizaxe e solicitar axuda ben mediante o foro ou ben por medio de preguntas individuais ou titorías antes da presentación das súas evidencias. Un índice de traballo satisfactorio, uniforme e gradual é necesario para superar a asignatura.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MooVi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.
Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de autor, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados pola docente na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia. |