O alumnado será avaliado en base á súa asistencia e participación activa nas clases, que computará coma o 10% da nota final. Ademais, terá que realizar unha proba na aula sobre os temas contidos no programa da materia. A nota obtida nesa proba computará coma o 90% da nota final.
É requisito indispensable para aprobar a asignatura obter alomenos un 5 (sobre 10) na proba. No caso de obter unha nota inferior a un 5,
a/o alumna/o terá a oportunidade de repetir a proba na segunda convocatoria en xullo.
Para a convocatoria de xullo, a asistencia ás clases durante o curso computará coma o 10% da nota final, e a proba escrita, coma o 90% da nota final.
NOTA: No caso excepcional de que algunha alumna ou alumno estea exenta/o de asistir ás clases presenciais, a avaliación farase en base á realización dunha proba escrita individual e presencial (100%).
|