(*)O obxectivo do curso é familiarizar ao alumnado coa metodoloxía e as liñas mestras que guiaron a investigación na variación lingüística da lingua inglesa durante as últimas décadas, así como
facilitar a adqusición das destrezas necesarias para poder analizar críticamente algunhas das súas aportacions desde as perspectivas teórica e práctica. Asímade proporcionaranse as ferramentas metodolóxicas necesarias para identificar, analizar e interpretar casos concretos de variación e/ou cambio lingüístico na
lingua inglesa nos distintos niveis de análise (fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e
pragmático).