Recoméndase unha aplicación constante e seria no estudo da materia.
O alumnado deberá consultar a plataforma de axuda á docencia con asiduidade e, en calquera caso, sempre antes das sesións presenciais, xa que moitos dos materiais utilizados nas clases serán cargados nesa plataforma con antelación.
Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de copyright, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polos docentes na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia.
Recoméndase o emprego habitual dos servizos proporcionados polas bibliotecas da Universidade de Vigo (referencia, consultas bibliográficas, empréstito, etc). |