Segunda oportunidade: Exercicios escritos (a desenvolver na aula): 60%. Traballo teórico/práctico cun estudo comparado de textos literarios e fílmicos: 40% OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos dous apartados de avaliación. Os traballos non realizados ou entregados fóra de prazo contarán coma un 0. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística (tanto na forma oral coma na escrita) e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un 0. Aquelas/es estudantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. A avaliación do alumnado de intercambio seguirá exactamente o mesmo procedemento do alumnado da UVigo, sen excepcións. É importante que o alumnado de intercambio teña en conta o alto nivel de competencia lingüística esixido para aprobar a materia. PLAXIO E USO DA IA O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo (incluidas as presentacións orais) suporá un 0 nese traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade. A docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a sospeita fundada por parte da docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola docente. |