Espérase que o alumnado asista a todas as sesións presenciais e faga as lecturas e tarefas solicitadas para poder participar activamente na clase.
O alumnado debe consultar regularmente o seu correo electrónico e a plataforma de teledocencia do curso (Moovi, https://moovi.uvigo.gal). Calquera anuncio e cambio de última hora notificarase a través da plataforma de teledocencia. O alumnado tamén deberá acceder regularmente ás fontes bibliográficas da biblioteca.
Non está permitido o uso de dicionarios, ordenadores ou calquera outro aparello electrónico, con ou sen conexión a internet, durante a realización das probas, salvo que o profesorado indique o contrario por razóns pedagóxicas. |