Presentación |
Presentacións orais sobre algún aspecto relacionado coa temática da materia. A avaliación terá en conta a comprensión e utilización dos contidos teóricos e históricos estudados nas clases, a construcción de argumentos sólidos e unha correcta expresión oral. Estas presentacións faranse o último día de clase. |
30 |
A3 A4 A5
|
B4 B8
|
C14 C16 C17 C19 C20 C21 C22
|
D3 D5 D7 D8 D9 D10 D12 D13 D15 D17 D18
|
Este sistema de avaliación está deseñado para o alumnado que asiste regularmente. Se algún estudante non pode asistir por algunha causa xustificada, debe notificalo ao profesor ao principio do cuadrimestre. No seu caso, debe entregar dous traballos escritos consensuados co profesor antes do 12 de xaneiro de 2025. Eses dous traballos suporán o 100% da nota final. O alumnado que non supere a materia en xaneiro pode intentar facelo de novo en xullo. Deberán entregar os traballos escritos consensuados co profesor antes do 1 de xullo de 2025. |