Foros de discusión |
Nos foros de discusión da plataforma de teledocencia, poranse en común e discutirán as propostas das prácticas de subtitulado. |
Lección maxistral |
Na lección maxistral da semana presencial explicaranse en detalle e exemplificaranse algúns dos contidos teóricos que se porán en práctica en estudos de caso seleccionados. |
Resolución de problemas |
Cuestionarios sobre lecturas, preguntas para reflexionar sobre as tendencias investigadoras máis recentes no ámbito, comentarios sobre os estudos de casos e as prácticas que se realizarán de forma individual ou grupal. |