TEMPORALIZACIÓN DO CURSO: As actividades de aplicación práctica estruturaranse en 4 bloques, como se indica máis abaixo; os 3 primeiros bloques desenvolveranse en períodos de ao redor de 10 días e o cuarto nun de ao redor de 24. A duración precisa destes bloques indicarase no seu momento en Moovi, pois depende en parte do cronograma xeral da Universidade para o curso 23-24, que mentres se elabora esta guía docente aínda non se coñece. PERÍODO 1 Bloque 1: “Introdución: a documentación aplicada á tradución multimedia” Bloque 2: “Os documentos multimedia como categoría documental” PERÍODO 2 Bloque 3: “Procura documental para a tradución multimedia” PERÍODO 3 Bloque 4: “Tratamento da información en tradución multimedia” PERÍODO 4 Bloque 5: “Documentación e terminoloxía no ámbito audiovisual” SEGUNDA CONVOCATORIA: Para a avaliación da materia na segunda convocatoria, os alumnos realizarán as actividades de aplicación práctica que non levasen a cabo no seu momento ou, no seu caso, reformularán e realizarán de novo, seguindo as indicacións do profesor, aquelas que non superasen satisfactoriamente durante o desenvolvemento do curso. A data límite para entregar as actividades na segunda convocatoria de avaliación farase pública oportunamente en Moovi. |