Os obxectivos da materia son coñecer os conceptos e métodos para a análise do discurso; saber analizar e avaliar prácticas discursivas contemporáneas, con especial atención ás difundidas por medios dixitais (redes sociais, plataformas multimedia, medios de comunicación en liña); e saber analizar criticamente o discurso público e detectar e denunciar rumbos ideolóxicos co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta, igualitaria e responsábel.