Código |
Descrición |
A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B1 |
Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
|
B2 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan acceder ao estudantado ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B6 |
Capacidade de apreciar outras culturas e competencia para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidade intercultural. |
C1 |
Capacidade para elaborar textos críticos, de erudición ou creativos en distintos formatos no ámbito literario empregando as ferramentas e conceptos dos estudos literarios. |
C5 |
Comprensión e coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria e da teoría e crítica literaria para ter unha visión fundamentada e crítica da creación literaria. |
C14 |
Capacidade para analizar, sintetizar e interpretar un texto en calquera formato con independencia da súa natureza lingüística ou literaria. |
D1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |