Traballo tutelado |
Nas primeiras horas lectivas asignarase un traballo a todo o alumnado matriculado, que versará ao redor dalgunha das obras de lectura obrigatoria.
Así mesmo, darase conta do prazo de entrega e explicarase a metodoloxía requirida para realizalo, a estrutura e as pautas formais de redacción e entrega do mesmo. Será preciso, ademais, concertar polo menos unha *tutoría antes da súa entrega. |
30 |
A1
|
B7
|
C3 C11
|
D1
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Avaliarase a capacidade do alumnado na exposición e desenvolvemento dun comentario de textos literarios ao redor dalgunha das obras de lectura obrigatoria. Para iso, realizarase unha proba escrita na data marcada nos primeiros días lectivos, que consistirá na realización dun comentario literario de textos completo, de acordo coas explicacións expostas na aula. |
40 |
A1 A5
|
B7
|
C3 C4
|
|
Na primeira convocatoria de actas o alumnado pode optar por avaliación continua (que resultará da aplicación do arriba exposto) ou avaliación única. Neste úlltimo caso, habrá un exame que dará conta do temario oficial e equivaldrá ao 100% da calificación.
Quen teña que acudir á segunda oportunidade ou posteriores será avaliado cunha única proba, que equivaldrá ao 100% da calificación, na data fixada oficialmente pola Xunta de Facultade. Consistirá nun exame no que será obrigatorio aprobar a realización dun comentario literario de textos, sobre algunha das obras de lectura obrigatoria. Ademais, contará cunha ou varias preguntas breves sobre aspectos particulares, prácticos ou teóricos, relacionados co temario da materia.
Lémbrase a importancia para todas as probas da corrección lingüística. Así mesmo, a copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de proba levará a ser calificaco cun 0. Alegar descoñecemento do que supón o plaxio non eximirá das responsabilidades derivadas neste aspecto. |