Lección maxistral |
Nas clases teóricas presentarei ao alumnado cada un dos temas de forma organizada, proporcionando a bibliografía precisa. Para cada tema entregarase, a través de Moovi, o desenvolvemento dos capítulos e subcapítulos, así como a indicación das edicións recomendadas e as lecturas que correspondan. |
Eventos científicos |
Está prevista polo menos unha conferencia (presencial ou en liña), que se planifica con tempo suficiente para que o alumnado poida coñecer a quen a imparte, as súas principais liñas de investigación e o contido da charla, da que haberá de entregar despois un pequeno resumo valorativo. |
Resolución de problemas |
Como complemento ás clases maxistrais ou teóricas, boa parte da docencia presencial estará dedicada á resolución de cuestións de carácter práctico, especialmente as relacionadas coa práctica do comentario literario nos seus diferentes aspectos. |