Código |
Descrición |
A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B3 |
Capacidade no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos e literarios. |
B5 |
Capacidade do estudantado para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o título.
|
B9 |
Posuír as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito autónomo baseándose nos coñecementos adquiridos e no uso das novas tecnoloxías. |
C7 |
Capacidade para aplicar os recursos dixitais á produción, corrección, edición e análise dos discursos tanto escritos como orais. |
C8 |
Coñecemento das bases teóricas, os conceptos e os métodos ( fonéticos, gramaticais, semánticos e pragmáticos) da análises lingüística aplicadas ás linguas do grao. |
C11 |
Capacidade para avaliar e habilidade para empregar ferramentas e recursos dixitais e presenciais para a procura e xestión de información no ámbito das linguas ou as literaturas do grao. |