Existen dous
sistemas de avaliación da materia:
a) Avaliación continua, para o alumnado que asista
regularmente ás clases, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas
polo profesor en tempo e forma. É obrigatorio entregar os tres resumos de
bibliografía antes do último día de clase, se non, non se poderá realizar o "Exame
de preguntas de desenvolvemento". A puntuación final da materia obterase da
suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. En todo caso, o/a
alumno/a deberá ter aprobado os apartados de "Exame de preguntas
obxectivas" (que se realizará a mediados do cuadrimestre), "Exame de
preguntas de desenvolvemento" e "Exame oral" (que se realizarán ambos na última
semana da clase). De non superar a materia na convocatoria
de decembro/xaneiro, o alumnado deberá repetir os "Exames" non superados na convocatoria
de xuño/xullo. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou
incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua pasará a ser
avaliado polo sistema de "Avaliación única". b) Avaliación
única. O alumnado que
non opte polo sistema de "Avaliación continua", para superar a
materia na convocatoria de decembro/xaneiro deberá entregar obrigatoriamente un "Traballo titorado" (20% da nota final) o día do exame escrito final e examinarse sobre todos os contidos da materia nun "Exame escrito final único" (70%), que se celebrará na data que dispoña o calendario oficial de exames da Facultade; ese mesmo día farase tamén
un exame oral (10% da nota), que consistirá na
exposición oral dos contidos dun artigo da bibliografía da materia. De non
superar a materia en decembro/xaneiro, o alumnado deberá repetir as partes suspensas na convocatoria de xuño/xullo, na data que dispoña o calendario oficial de exames da Facultade.
O/A alumno/a deberá superar obrigatoriamente o exame oral para aprobar a
materia. O "Traballo
titorado" consistirá
na gravación, transcrición e comentario dun texto do galego oral. Haberá que poñerse
en contacto co profesor para máis detalles deste traballo. Os/as alumnos/as que
opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías
cando o solicitaren. NOTA: Tal e como se recolle no parágrafo 4 do artigo 40 do Regulamento sobre avaliación (22/12/2023), o docente "poderá esixir que nos traballos e materiais entregados polo estudantado se inclúa unha declaración explícita na que se asuma a orixinalidade destes, entendida no sentido de que non se utilizaron fontes sen citalas debidamente". |