Traballo tutelado |
Sesións prácticas, exercicios prácticos de produción oral e escrita. Revisión de contidos gramaticais con exercicios realizados dentro da aula. Na plataforma de ensino virtual Moovi encóntranse as indicacións e os materiais necesarios para realizar os traballos correspondentes e para avanzar en cada unidade temática. |
Lección maxistral |
O profesor explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da materia e orientando ao alumnado nas lecturas obrigatorias relacionadas con cada tema.
As indicacións e os materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática encóntranse na plataforma de ensino virtual Moovi. |