Código |
Descrición |
A1 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A2 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios. |
B2 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B3 |
Capacidade do estudantado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos e literarios. |
B4 |
Mellora da capacidade de comunicación en español, galego e portugués en diferentes contextos profesionais, traballando as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas. |
B5 |
Capacidade do estudantado para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o título. |
B6 |
Ser quen de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidad intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao. |
B7 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias. |
B8 |
Capacidade para participar en debates e actividades de grupo e organizalos, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico. |
B9 |
Posuír as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito autónomo baseándose nos coñecementos adquiridos e no uso das novas tecnoloxías. |
B10 |
Integrar coñecementos e poder desenvolver un proceso de comunicación sólido a partir dunha información que, aínda que sexa incompleta, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao proceso comunicativo. |
C1 |
Perfecto dominio instrumental das linguas galega, española e portuguesa. |
C2 |
Coñecemento da gramática das linguas galega, española e portuguesa. |
C3 |
Coñecemento da literatura galega, española e portuguesa. |
C4 |
Coñecemento básico da lingua latina e a súa cultura. |
C5 |
Coñecemento dos conceptos e métodos da análise lingüística. |
C6 |
Coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria. |
C7 |
Coñecemento das correntes teóricas e metodolóxicas da teoría e crítica literaria. |
C8 |
Coñecemento das correntes teóricas e metodolóxicas da lingüística. |
C9 |
Coñecemento de retórica e estilística. |
C10 |
Coñecemento dos conceptos e métodos da literatura comparada. |
C11 |
Coñecemento da evolución histórica interna e externa do español. |
C12 |
Coñecemento da evolución histórica interna e externa do galego. |
C13 |
Coñecemento da situación sociolingüística da lingua galega/española. |
C14 |
Coñecemento teóricos e metodolóxicos para o ensino da lingua materna. |
C15 |
Coñecemento das repercusións lingüísticas e interculturais do contacto de linguas. |
C16 |
Coñecemento da historia dos países da Península Ibérica. |
C17 |
Capacidade para elaborar textos orais e escritos de diferente tipo. |
C18 |
Capacidade para localizar, utilizar e aproveitar a información contida en bases de datos e outros instrumentos informáticos e Internet. |
C19 |
Capacidade para avaliar críticamente a bibliografía consultada e encadrala nunha perspectiva teórica. |
C20 |
Coñecemento teórico e práctico dos dicionarios do español/galego/portugués nos seus diferentes formatos. |
C21 |
Coñecemento teórico e práctico da fonética e da fonoloxía do galego, español e portugués. |
C22 |
Coñecemento da situación sociolingüística da lingua portuguesa. |
D1 |
Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica |
D2 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna. |
D3 |
Coñecementos xerais sobre a área de estudo (lingüística, linguas galega, española, portuguesa, latina, literaturas, tecnoloxías, estudios culturais) |
D4 |
Capacidade para adaptarse a novas situacións. |
D5 |
Capacidade de xerar novas ideas. |
D6 |
Capacidade de xestionar a información. |
D7 |
Apreciación da diversidade e a multiculturalidade. |
D8 |
Habilidade para traballar de forma autónoma. |
D9 |
Capacidade crítica e de autocrítica. |
D10 |
Capacidade de análise e síntese. |
D11 |
Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente. |
D12 |
Respecto pola ética profesional e, en particular, pola propiedade intelectual. |