A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do estudiantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos anuncios e datas das diferentes probas.
Os requisitos para o alumnado Erasmus serán os mesmos que para o alumnado propio. |