Exame de preguntas de desenvolvemento |
Proporase ao alumno/a preguntas que lle permitan enlazar críticamente distintos aspectos do programa. |
40 |
A1 A2 A5
|
|
C6 C9
|
D2
|
En primeira edición de actas o alumnado ten dereito a elixir entre avaliación continua ou avaliación única. Avaliación continua: a cualificación final, así como a tipoloxía das probas, resultará da aplicación do arriba exposto, é dicir, deben realizarse obrigatoriamente as tres probas. A primeira é un traballo e os dous restantes constitúen o exame que levará a cabo na data que se acordará ao principio do curso. No que respecta a a avaliación única, o exame dará conta de todo o temario oficial e equivalerá ao 100% da cualificación. Terá lugar en data fixada pola Xunta de Facultade. Para a segunda edición das actas (mes de xullo, en data oficial fixada pola Xunta de Facultade), así como para as posteriores convocatorias extraordinarias, tan só haberá a posibilidade de avaliación única, a través dun exame que combinará probas prácticas e preguntas breves de carácter teórico ou de aplicación práctica.
O alumnado semipresencial deberá poñerse en contacto co profesorado para programar a avaliación que poderá elixir entre a modalidade continua ou única. |