Lección maxistral |
Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos que aseguren a comprensión dos contidos. |
Traballo tutelado |
O alumnado presentará individualmente un traballo sobre un tema ou unha obra literaria en galego ou en portugués, que forme parte do corpus tratado nesta disciplina (no marco das épocas e autoras estudadas). O tema do traballo será acordado co profesorado e supervisado por el. Avaliaranse os resultados e a expresión escrita. |
Aprendizaxe colaborativa |
Avaliación continua dos comentarios, lecturas, proxectos e outros traballos e contribucións realizados ao longo do cuadrimestre, sexa de forma individual ou en grupo. |