Autoavaliación |
Haberá probas de autoevalución que o alumnado fará a través da plataforma docente e que se corresponderán con cada un dos subtemas (dependendo da extensión destes). |
20 |
A1 A2 A5
|
B1 B2 B7 B9
|
C1 C5
|
D1 D2 D3 D6 D8 D9 D10 D11 D12
|
Avaliación continua
Este é o método normal de avaliación e o máis adecuado. O alumnado deberá entregar dous traballos cuxo tema será discutido co profesor, un sobre os dous primeiros temas e outro sobre o último tema. A avaliación continua tamén inclúe a realización dun exame escrito sobre os contidos da materia.
Avaliación única
Aquel alumnado que, por algunha causa, prefira a avaliación única, fará un exame ao final do cuadrimestre na data oficial que indica a FFT.
Segunda edición de actas
O alumnado que teña que presentarse a esta edición terá que entregar nas datas que marque a FFT os dous traballos establecidos para o curso normal que serán semellantes aos realizados na anterior edición tanto en temática como en extensión.
Semipresenciales
Dado a natureza dos sistemas de avaliación, o alumnado semipresencial está sometido aos mesmos sistemas de avaliación que o presencial. |