Traballo tutelado |
Alén das indicacións precisas que se proporcionarán nalgunha aula específica para poder desenvolver os traballos, ó longo do curso non só se atenderán na aula todas as consultas individuais, senón que se realizará nela abundante práctica. Por suposto, nas horas de titoría tamén se resolverán todas as consultas relacionadas coa súa elaboración. O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL E NON PRESENCIAL poderá realizar as consultas sobre a elaboración dos traballos a través da plataforma Faitic, do correo electrónico ou, preferiblemente, nalgunha titoría presencial ou virtual. Se a cantidade de alumnado semipresencial así o aconsellar, poderase realizar algunha titoría en grupo, tipo seminario. |
|