Lección maxistral |
Nestas aulas o docente exporá os contidos da materia, bases teóricas e lecturas relacionadas con elas, directrices ou explicacións a partir dos exercicios prácticos. Aconséllase vivamente levar os contidos da materia ó día.
O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Moovi dos materiais necesarios para preparar todos os contidos que se desenvolvan. Empregaranse, fundamentalmente, ficheiros en formato pdf, alén da consulta directa das fontes bibliográficas recomendadas. |
Resolución de problemas |
Actividades en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia.
Empregaranse como complemento da lección maxistral. Nalgunha ocasión pódense entregar
anticipadamente para que os/as estudantes os poidan preparar con certo adianto e, mesmo, para
que poidan realizar unha pequena exposición na aula.
O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Moovi das prácticas/problemas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidos, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalos. |