Por defecto, enténdese que o estudantado opta por un sistema de avaliación continua; se así non for, deberá comunicar nas dúas primeiras semanas do curso a súa intención de se presentar á avaliación única permitida pola Universidade de Vigo. -Avaliación continua (para quen (a) asista regularmente ás aulas presenciais e (b) entregue as tarefas respectando os prazos e as indicacións do profesor -(a) e (b) para o estudantado presencial e só (b) para o SEMIPRESENCIAL-): para poder facer a media final ponderada, haberá que superar as dúas grandes probas escritas (exame(s) e resolución de problemas/exercicios) e prácticas (ou resolución de problemas, presentacións) avaliables. Todas as prácticas, actividades e presentacións solicitados polo docente teñen que se entregar/realizar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Aquelas probas que non se superen na primeira edición das actas (xaneiro) deberanse recuperar na segunda edición das actas (xuño/xullo), co límite de entrega situado na data fixada pola FFT para o exame. Se por causa xustificada algún/ha estudante non pode cumprir co requisito (a), deberallo comunicar ó docente, para poder aplicar un tratamento similar ó da semipresencialidade. -Avaliación única (admitida pola Universidade de Vigo): poderase superar a materia, en calquera das dúas edicións de actas (xaneiro e xuño/xullo), a través de dúas probas finais escritas de todos os contidos teóricos e prácticos da materia [40%+35%] (que se realizarán nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial) e mais dun traballo (seguindo as indicacións do docente) [25%]. Cómpre superar tanto as dúas probas coma o traballo (en cada unha das convocatorias) para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas. A copia ou o plaxio, total ou parcial, será avaliado cun cero na proba (práctica ou exame) en que se detecte. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas e exames. Todas as consultas realizadas por correo electrónico serán atendidas no horario de titorías. |