Traballo tutelado |
Valórase o rigor académico e deontolóxico do traballo presentado, a súa fundamentación, deseño metodolóxico e a capacidade crítica do discente e os resultados obtidos. Tamén será obxecto de avaliación a adecuación da presentación escrita ás normas académicas.
50% contidos (formulación dos obxectivos, metodoloxía empregada, resultados, conclusións)
30% forma (adecuación ás convencións académicas, organización da documentación, redacción, ortografía) |
80 |
|
|
|
D1 D2 D3 D4 D7 D9 D14 D15 D18 D22 D23 D24
|
Presentación |
Valorarase a presentación canto a contidos e actitude (ton, expresión corporal, seguridade, preparación etc.), material de soporte visual (presentación en PowerPoint ou
OpenOffice Impress_máximo 10 diapositivas, en ningún caso a presentación oral pode consistir na mera lectura dese material), tempo, defensa no debate. |
20 |
|
|
|
D1 D2 D3 D4 D7 D9 D14 D15 D18 D22 D23 D24
|
En caso de non superar a materia na primeira edición das actas, o titor/a facilitaralle ao discente un informe coas recomendacións oportunas para mellorar o traballo e a súa posterior avaliación nas seguintes edicións. Será motivo de suspenso o plaxio (incluída a cita literal presentada como propia, sen comiñas nin referencia de autoría, ou calquera apropiación de ideas ou metodoloxía dun autor/a que non se mencione nas referencias, calquera que sexa a súa procedencia (traballo individual ou colectivo, de publicación impreso ou de documento electrónica de uso restrinxido, páxina web ou traballo dalgún compañeiro/a, etc.). Para a avaliación seguirase o disposto no Regulamento do Traballo de Fin de Grao da Facultade de Filoloxía e Tradución. |