Aprendizaxe-servizo |
O alumno terá que realizar un proxecto de curso (individual ou en
grupos reducidos) relacionado cos ámbitos da materia: tradución
de folletos dunha exposición, audio-guía dun museo, subtitulación
para xordos dunha película ou calquera outro que estea
vencellado a servizos culturais. Contará co asesoramento do
profesorado durante a súa realización. |
40 |
|
|
|
|
O alumnado poderá acollerse a avaliación continua ou única (sendo a primeira a máis recomendable). Aquel alumno que
opte pola única deberá informar por escrito á profesora nas dúas primeiras semanas de clase.
Para acollerse á avaliación continua é preciso realizar todos os exercicios, encomendas e probas contemplados no curso. As datas de entrega de traballos e a proba final serán consensuados co alumnado, tentando favorecer o encaixe con datas de
entrega/exame doutras materias.
No caso de avaliación única, a avaliación consistirá nunha única proba presencial sobre todos os contidos da materia na data fixada polo decanato do centro.
Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación será idéntica á avaliación única e a data do exame estará fixada no
calendario oficial do centro.
* PARA UN ÓPTIMO SEGUIMENTO DA MATERIA O ALUMNADO DEBERÁ CONSULTAR CONTIDOS, PRAZOS DE
ENTREGA, DATAS DE EXAME ETC. EN MOOVI. * POR CADA FALTA DE ORTOGRAFÍA PODERÁNSE DESCONTAR ATA DOUS PUNTOS. * Esta materia non é recomendable para alumnado de intercambio (Erasmus/Isep...). |