Avaliación continua: Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. Estudo de caso: Data da entrega da tradución "estudo de caso": antes do 4 de novembro. Data da presentación do informe na aula: antes do 10 de novembro. Data da entrega da tradución do proxecto (traballo de equipo): antes do 17 de novembro. Data do exame: O exame da avaliación continua será na última sesión da materia.
Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única:
O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT. O exame final será unha tradución de 350 palabras; poderá incluír preguntas de xustificación das decisións adoptadas, así como dos contidos do curso. A tradución poderase realizar con todo tipo de obras de consulta e ordenador. Convocatoria de xullo: A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. O exame consistirá nunha tradución de 350 palabras e poderá incluír
preguntas de xustificación das decisións adoptadas, así como dos
contidos do curso. A tradución poderase realizar con todo tipo de obras de consulta e ordenador. Penalizarase a copia e o plaxio. É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma de teledocencia (novidades, documentos, avisos etc.) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas. |