Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación V: Informática avanzada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Haberá dúas prácticas para avaliar os contidos dos bloques do temario.

O contido e as condicións das prácticas quedarán especificados en Moovi.
40 A1
A2
A3
A4
C10
C11
C17
C18
C19
C21
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Haberá dúas prácticas para avaliar os contidos dos bloques do temario.

O contido e as condicións das prácticas quedarán especificados en Moovi.
40
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario tipo test realizado en Moovi na data que se indique. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No inicio do curso, cada estudante poderá escoller entre acollerse a: 1) un sistema de avaliación progresivo e acumulativo, a partir da resolución das encomendas prácticas e a entrega dun exercicio obrigatorio ou 2) un sistema de avaliación única cunha única proba.

As datas e condicións de entrega das prácticas quedarán indicadas en Moovi. A proba de avaliación única realizarase na data que determine o calendario institucional. 

O alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá mandar unha mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da data marcada no calendario oficial para recibir as condicións das probas de avaliación. Estas abranguerán todos os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 20 % da nota da materia) como prácticos (o 80% da nota). O alumnado de avaliación única que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado.

Segunda edición de actas

O alumnado que non supere a materia na primeira edición poderá presentarse á segunda edición de actas. Este alumnado deberá mandar unha mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da data marcada no calendario oficial para recibir as condicións das probas de avaliación. Estas abranguerán todos os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 20 % da nota da materia) como prácticos (o 80% da nota). O alumnado de avaliación única que non se puxese en contacto o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado.

Outros comentarios

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ao sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua, pero por razóns xustificadas non poida asistir ás clases presenciais, deberá comunicarlle estas circunstancias ao profesorado, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de docencia e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000