(*)A materia tradución editorial, de carácter eminentemente práctico, ten por obxectivo que o alumnado se
familiarice co tipo
de textos e contextos de tradución propios do eido editorial dende o francés cara ao galego e na diversidade
de
temas, encargas e tarefas ligadas ao exercicio da profesión no sector editorial.
Preténdese que ao longo do cuadrimestre, o alumnado adquira ou perfeccione as competencias necesarias
para o seu desenvolvemento como profesional neste ámbito dende unha perspectiva de xénero.