Exame de preguntas obxectivas |
Realización dun cuestionario sobre os contidos da materia. Terá lugar na semana ecuador do semestre. A puntuación será de 0 a 2, nunha escala de 0 a 10. Na semana previa ao cuestionario, o alumnado disporá dunha proba de autoavaliación que terá a mesma extensión e estrutura que a da avaliación oficial. Será voluntaria y no puntuará. |
20 |
A1 A2
|
|
C2 C8 C24 C25
|
D6 D13 D17
|
Exame de preguntas obxectivas |
Realización dun cuestionario sobre os contidos da materia. Terá lugar no último día lectivo da materia. A puntuación será de 0 a 2, nunha escala de 0 a 10. Na semana previa ao cuestionario, o alumnado disporá dunha proba de autoavaliación que terá a mesma extensión e estrutura que a da avaliación oficial. Será voluntaria y no puntuará. |
20 |
A1 A2
|
|
C2 C8 C24 C25
|
D6 D13 D17
|
Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumno deberá participar nas actividades previstas na materia e asistir ao 70% das sesións presenciais de clase, agás circunstancias excepcionais, debidamente xustificadas e admitidas polo docente. Quedará exento desta obriga o alumnado que, conforme ao establecido no artigo 46k da LO 6/2001 e no artigo 7d do RD 1791/2010, acredite documentalmente necesidades de conciliación laboral ou familiar. Dadas as porcentaxes de cualificación asignadas, o alumnado pode obter a máxima cualificación sen necesidade de realizar a proba de resposta curta. Non obstante, poderá mellorar a súa cualificación presentándose á esta. No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá subir a Moovi, antes do comezo do receso de Semana Santa, o estudo de caso que se indique ao comezo do curso; nesta modalidade, será feito de maneira individual e suporá o 40% da cualificación (a puntuación será de 0 a 4, nunha escala de 0 a 10). Así mesmo, realizará un exame escrito na data indicada polo calendario oficial do decanato. O exame versará sobre os primeiros seis temas e constará de seis preguntas, unha por cada tema, sendo necesario puntuar en todas elas. O exame suporá o 60% da cualificación (a puntuación será de 0 a 6, nunha escala de 0 a 10). O exame poderá facerse en castelán ou galego indistintamente. Na convocatoria de xullo o alumnado de avaliación continua deberá dar conta daquelas probas obrigatorias non superadas (traballo e/ou cuestionarios). O alumnado de avaliación única deberá realizar o estudo de caso e/ou o exame escrito, segundo as cualificacións obtidas na primeira edición, na data oficial marcada pola Facultade. Para o caso de ter que facer o estudo de caso, deberá entregalo en Moovi con anterioridade a data oficial marcada pola Facultade para a realización do exame (a puntuación será de 0 a 4, nunha escala de 0 a 10). Para o caso de ter que facer o exame escrito, este versará sobre os primeiros seis temas e constará de seis preguntas, unha por cada tema, sendo necesario puntuar en todas elas (a puntuación será de 0 a 6, nunha escala de 0 a 10). O exame poderá facerse en castelán ou galego indistintamente. NB.- A acreditación das circunstancias de conciliación laboral e familiar contempladas na lexislación vixente constará de documentación emanada da Seguridade Social que certifique a condición de alta como traballador autónomo ou por conta allea. No caso da conciliación familiar documentación oficial que no alumno ou na alumna concorren as circunstancias que outorgan ese dereito conforme a normativa en vigor. |