Os materiais de lectura obrigatoria anunciarase a través da plataforma de teledocencia MOOVI na primeira semana de clase. Na convocatoria de decembro/xaneiro existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única. Avaliación continua: As
probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado de
avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. A materia terá dúas
partes vinculadas pero diferenciadas (teoría e tradución) e será
obrigatorio que os estudantes superen as dúas para superar a materia.
Dentro da parte de tradución, poderá haberá avaliación individual e en grupo.
Os estudantes que superen a tradución en grupo pero non a tradución
individual deberán recuperar en xullo a parte de tradución individual. O exame de preguntas obxectivas corresponderanse coa parte
teórica da materia, que incluirá a procura e lectura de materiais relacionados co dereito e a administracion. Todas as probas da
parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio, polo que se non
se realizan durante o curso terán que realizarse o día do exame oficial. Na parte práctica faranse probas de tipo "estudo de casos" e "traballo". Nas probas de tradución só se
permitirá o uso de materiais controlados, que se comunicarán na clase.
Todas as actividades avaliables da parte práctica da materia serán de
carácter obrigatorio. A cualidade dos traballos de tradución avaliarase
por medio de rúbricas que se publicarán no apartado correspondente de
moovi antes da realización de cada proba. É responsabilidade do
alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma
MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que teñan lugar as probas de
avalliación. Avaliación única: Os
estudantes que así o desexen poderán optar por comprimir as probas
durante o período oficial de exames marcado polo decanato. No entanto,
as probas realizadas serán as mesmas que se inclúen na avaliación
continua (tradución directa e inversa, proba teórica e traballo
(neste caso individual e non tutelado). As porcentaxes neste caso serán
as seguintes: Probas de tradución: 60 % (30 % cada unha) Traballo de documentación e tradución: 20 % Teoría: 20 % Todas
as probas realizaranse na data oficial fixada polo decanato, non sendo o
traballo non tutelado, cuxa formulación se porá a disposición dos
estudantes en moovi un mes antes do remate do cuadrimestre. Será obrigatorio que o estudante supere as tres
partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para
o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría
poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística
da materia e ningún material. Non se permitirá o uso de medios
telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte
teórica. Na convocatoria de xullo, a avaliación consistirá nas
mesmas probas que na avaliación única e as porcentaxes e condicións
serán tamén as mesmas. É responsabilidade do alumnado consultar
os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao
tanto das datas nas que teñan lugar as probas de avalliación. En
calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da
convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación
de 0 aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía. - Cometan máis de dous erros gramaticais. - Cometan un contrasentido grave ou dous falsos sentidos graves. -
Incorran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento de que é
un plaxio non eximirá o alumno da súa responsabilidade neste aspecto. A
cualidade dos traballos de tradución avaliarase por medio de rúbricas
que se publicarán no apartado correspondente de moovi antes da
realización de cada proba. |