Prácticas con apoio das TIC |
Encargos de revisión e corrección de textos que deberán ser entregados en tempo e forma a través dos medios sinalados polo profesorado |
15 |
|
|
C1 C2
|
D9 D12 D17 D18
|
Debate |
Valorarase a participación activa nas sesións presenciais |
25 |
|
|
|
|
A copia ou o plaxio serán actos penalizados en todas as probas.
O alumnado que decida acollerse a avaliación única debería comunicarllo ao profesorado en tempo e forma.
Na plataforma Moovi especificaranse as datas de entrega de actividades, probas e encargos de revisión e corrección de textos que terán un peso específico na cualificación da avaliación continua.
En canto á avaliación continua, a proba teórico-práctica (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) consistirá en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia, por unha banda, e demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos apresos en clase, por outra banda. Prestarase unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfológicas e sintácticas na redacción das respostas. ATENCIÓN! Cometer tres faltas de ortografía invalidan a proba teórico-práctica
Para o alumnado que decida acollerse a avaliación única, é dicir, non sometido a avaliación continua, terase en conta unicamente a proba teórico-práctica (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) consistente en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia, por unha banda, e demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos apresos en clase, por outra
A convocatoria de 2.ª oportunidade para o alumnado que se acolla a avaliación única consistirá nun exame que constará das mesmas partes que se acaban de describir no parágrafo anterior. En canto ao alumnado de avaliación continua, nesta 2.ª convocatoria manteranse e terán en conta as notas das probas superadas na 1.ª, debéndose repetir aquelas que non foron superadas.
O profesor coordinador da materia, Dr. D. José Yuste Frías, impartirá 12,7 horas, é dicir, 3 sesións a cada un dos 3 grupos de alumnado (un total de 9 sesións). As profesoras contratadas durante o curso 2024-2025 para esta materia, Lic. D.ª Patricia Sotelo Deus e Lic. D.ª Ana Hermida Ruibal, impartirán, respectivamente, 101 horas e 30,30 horas, é dicir, 19 sesións e 6 sesións, a cada un dos 3 grupos de alumnado (un total de 57 e 18 sesións, respectivamente), eminentemente prácticas con vistas á aplicación de toda a teoría que sobre a revisión e os protocolos de corrección púidose ver en clase. |