Práctica de laboratorio |
A proba terá tres partes:
1 - Unha proba de IC (40% da nota) en español dun discurso oral en lingua francesa.
2 - A entrega dun dossier de autoavaliación e correción dunha práctica de IC e/ou dun discurso oral en lingua francesa feitos previamente en clase (15% da nota).
3 - Elaboración dun discurso oral improvisado en lingua francesa dunha duración mínima de 5 minutos (15% da nota)
É imprescindible superar cada proba para dar por aprobada a materia. Estas probas serán cualificadas en función de catro criterios principais: fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido. |
70 |
|
|
C1 C3 C4 C13 C17 C18 C21
|
D1 D4 D6 D7 D8 D9 D14 D15 D16 D18 D22 D23
|
A data oficial para a proba final tanto para o alumnado de avaliación contínua como única será a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT. É imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das 3 probas de laboratorio para dar por aprobada a materia. Os/as estudantes que renuncien á avaliación continua terán que realizar unha proba de interpretación consecutiva ao castelán dun discurso en francés e un discurso oral en lingua francesa cunha duración de 10 minutos, na data oficial fixada polo centro. En ambos os casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das probas. Aos estudantes que se acollan á avaliación continua e suspendan a primeira edición conservaránselles as notas parciais aprobadas correspondentes á avaliación continua na segunda edición dentro da mesma convocatoria. A segunda convocatoria levarase a cabo nas mesmas condicións que a primeira. |